XIII Xogos da Mancomunidade A Pastoriza

mancomunidade

O pasado 10 de maio, celebráronse no Concello de A Pastoriza a edición número 23 destas xornadas dedicadas ao deporte infantil e xuvenil, nas que tamén se puido desfrutar de actividades de ocio e aventura, exhibicións, etc.
Os concellos participantes foron: A Pastoriza, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Abadín e Cospeito.

IG10 foi a encargada de levar a cabo a organización e desenrolo dos Xogos da Mancomunidade.

O día 8, xoves, tiveron lugar as xornada de Atletismo e as previas de  Fútbol Sala. Sendo o sábado 10 o día principal no que preto de 300 nenos e nenas de idades  comprendidas entre os 6 e os 16 anos disfrutaron desta xornada de convivencia deportiva.

Durante a mañá leváronse a cabo as competicións deportivas de: xadrez. tenis de mesa, baloncesto e fútbol sala. Pola tarde, despois dunha comida todos xuntos, puideron desfrutar en distintas actividades de ocio e aventura: tirolina, rocódromo, inchables, festa da espuma, xogos de patinaxe,...e unha exhibición de ximnasia rítmica que realizaron as Escolas Deportivas Municipais de Castro de Rei e Cospeito.

Na Clausura dos Xogos da Mancomunidade, na que estiveron presentes todos os Alcaldes dos municipios participantes, entregáronse os diferentes trofeos e medallas aos gañadores nas distintas disciplinas deportivas e a todos os participantes unha medalla conmemorativa e mochila dos Xogos.

CARTEL Mancomunidade DEFINITIVO 2
DESEÑO 2 DIPTICO MANCOMUNIDADE2014
SAM_1835
Animacion (4)XimnasiaRitmica (3)
Atletismo (18)